martes, 5 de octubre de 2021

Os fantasmas de Goya



O video ten fragmentos dunha película "Los Fantasmas de Goya" que transcorre durante a última época do Antigo Réxime. Como eu non vou estar presente, para que non perdades o fio (porque van faltar escenas) explico aquí de que vai:
- A película comeza a finais do século XVIII (1792) A Inquisición (institución da Igrexa que vixiaba que se cumprira cos mandatos da mesma) discute sobre unha serie de grabados que fixera o pintor Goya. Aí xa nos presentan a un dos personaxes principais, interpretado por Javier Bardém, o irmá Lorenzo.
- Acusan de herexe a Inés Bilbatúa porque os espías da Inquisición vírona nun restaurante onde non comeu carne de porco (como os xudeus). Sométena á chamada cuestión, (tortura) para que confese. Suponse que se é inocente Deus axudaríaa a manterse na verdade. Inés Bilbatúa entra en prisión e alí é violada polo pai Lorenzo, quedando embarazada.
- O pai de Inés, un burgués adiñeirado (é non privilexiado, aínda que ten cartos, porque non ten ningún título nobiliario), vai a casa de Goya (que era pintor do rei Carlos IV) para contarlle o problema con Inés, e por medio del, consegue unha cea co pai Lorenzo.
- Durante a cea o pai de Inés obriga ó pai Lorenzo a asinar un escrito herético que non presentará se o pai Lorenzo libera a Inés. Pero é imposible liberala porque xa confesou.
- O pai Lorenzo escapa a Francia, onde xa estalara a Revolución Francesa 1789, que pon fin ao Antigo Réxime. Alí descobre unha nova forma de pensar, allea á relixión e baseada na razón e na igualdade de todos os homes ante a lei.
- Despois da Revolución Francesa, Napoleón Bonaparte tomará o poder e invadirá distintos países, entre eles España. Coa invasión resulta liberada Inés Bilbatúa, que como resultado da violación do pai Lorenzo, quedara embarazada dunha nena que tivo en prisión e que lle quitaron. Ao escapar pide axuda a Goya. Goya fala co pai Lorenzo. Investigan e descobren que á nena levárana a un orfanato pero que escapara ós 11 anos. A nena chámase Alicia e acabou sobrevivindo de prostituta.
-A película remata coa entrada das tropas británicas e a restauración do Antigo Réxime en España, así como o axustizamento de Lorenzo, como representante dos franceses da revolución.
1) Que estamentos aparecen na película?.
2) Que diferenzas se ven no fragmento entre a monarquía absoluta e o liberalismo francés.

No hay comentarios:

Publicar un comentario