domingo, 31 de mayo de 2020

Actividades para esta quincena do 1 ao 14 de xuño


Esta actividade vaivos valer para calquera materia ou incluso para a vosa vida persoal. Se non tedes tempo de facela agora, facédea cando poidades.

Esta quincena aprenderemos algunhas ferramentas para buscar de forma máis efectiva en Google.
1. O primeiro que teredes que facer é copiar, imprimir ou sacar una foto co voso móbil a esta "chuleta". Mandádeme a foto da chuleta ao whats app ou a nandacastroverde@gmail.com. E escribides unha frase que me demostre de algunha maneira que vistes o video (xa sei que iso non o demostra, pero fíome de vos). Non borredes a foto que a ides usar.

Estratexias de busca en Google
Chuleta para ter a man mentres buscamos
1.     Idioma da busca: sae máis en inglés, logo en Castelán e logo en Galego.
2.     Empregar as palabras exactas.
3.     Ferramentas que facilitan o traballo:
Ø As comiñas: busca textualmente esa frase.
Ø O signo menos: quita os docs cunha palabra (non poñas espazo despois do -).
Ø Busca nunha URL concreta. Hai que poñer Site:www.
Ø Buscar só documentos dun formato determinado. Filetype:PDF
Ø Usar Google como dicionario. Define:esternocleidomastoideo.
Ø Buscar só nos títulos dos artigos. Intitle: ou Allintitle: se son varias palabras.
Ø Buscar sen poñer todas as letras: *
Ø Buscar textos serios de investigacións, teses, etc.: Google Académico.
Ø Buscar textos dunha determinada fecha: arriba en ferramentas.
Ø Buscar unha palabra nun documento “control” e “F” ao mesmo tempo.
Ø Para detectar fiabilidade:
§  Páxinas oficiais.
§  Periódicos fiables.
§  Ver que sinale o nome de quen escribiu o documento.
§  Ver que non teña faltas de ortografía ou mala sintaxe.
§  Se ven a bibliografía mellor.
§  Non caer no sesgo de confirmación. (Cando nos menten co que queremos escoitar).
§  Coidado coas noticias que provocan emocións.
§  Usar o sentido común.


2. Coa chuleta diante hai que ver este video que dura 15 minutos:





Se alguén prefire ver o que dice o video por escrito, tedes un documento neste enlace.

No hay comentarios:

Publicar un comentario